Ola

Matilde e Manuel, Casa Souto de Abajo

Somos Matilde e Manuel!

Somos os propietarios de Casa Souto de Abajo, unha casa rural restaurada no ano 2007; situada nun enclave rural rodeada de pura natureza e moi ben comunicada para poder desplazarse a traballo e lecer. Estamos no concello de Santiso, provincia de A Coruña, Galiza.

Matilde e Manuel

A Casa

Un pouco de historia...

A Casa Souto de Abajo foi construída no século XIX, aínda que non é ata o ano 1907 cando empezamos a coñecer a súa historia.

Os usos que se lle deron á Casa ao longo da súa historia foron moi diferentes, pasou de ser a casa dunha familia do lugar á Casa do Concello, bar e ata servir como establo.

En xullo de 2007 a Casa Souto de Abajo abriu as súas portas convertida nunha acolledora casa de turismo rural e nun lugar excepcional onde relaxarse e descansar sempre gozando do contacto coa natureza sen renunciar a unha estancia cómoda e cálida.Estivo adicada a este tipo de turismo ate maio de 2026.

Os afeccionados ao deporte da pesca teñen un punto de encontro obligatorio en Santiso co río ULLA e os seus sabrosas truchas. Río con encantos para toda a familia (nenos e maiores) con rutas ao longo da súa canle, areas de descanso e paisaxes únicas e inesquecibles, que recordaran sempre. CASA SOUTO DE ABAJO, está situada na súa contorna e poden chegar pescando ata o embalse de Portodemouros.

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información